CRTVG

Buscar

O Chelsea, moi superior ao Madrid (2−0), xogará a final da Champions contra o Manchester City

Publicado o 05/05/2021 23:03
O Chelsea, moi superior ao Madrid (2−0), xogará a final da Champions contra o Manchester City

EFE

EFE

O Chelsea disputará a final da Liga de Campións ante o Manchester City, tras mostrar unha clara superioridade contra o Real Madrid no partido de volta das semifinais, con goles de Timo Werner e Mason Mount (2-0). O refacho de 19 partidos sen perder do equipo de Zinedine Zidane esborrallouse en Stamford Bridge, inferior fronte ao Chelsea e sen capacidade de xerar perigo máis aló de dúas accións individuais de Karim Benzema nas que se luciu o porteiro Mendy.

O encontro encarrilouno o Chelsea aos 28 minutos, cando Timo Werner marcou a pracer un balón rexeitado polo traveseiro. O Real Madrid tivo vida na eliminatoria, tras o empate a un da ida, grazas ás intervencións salvadoras de Thibaut Courtois, ata que a cinco minutos do final Mount asinou a sentenza e selou a final inglesa contra o Manchester City en Istambul.