CRTVG

Buscar

O CGAI vaise converter na Filmoteca de Galicia

Publicado o 15/03/2021 14:52
O CGAI vaise converter na Filmoteca de Galicia

O Centro Galego de Artes da Imaxe, o CGAI, converterase na Filmoteca de Galicia segundo anunciou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. A nova praza de dirección, engadiu, sacarase a concurso.

Durante unha visita ao CGAI, no día do seu 30 aniversario, o conselleiro explicou que o cambio implica "novas funcións, responsabilidades e intervencións" en espazos significativos. Ademais, amosouse confiado en que se aliñee coas grandes filmotecas doutros países en que "hai un forte carácter de investigación e xestión da documentación".

"Pensamos que logo de trinta anos temos que darlle un impulso a este centro que é fundamental para entender a importancia que ten no presente o mundo audiovisual de Galicia", asegurou.

Segundo dixo, a Filmoteca de Galicia vai ter un papel fundamental para recompilar a información audiovisual producida na comunidade "non só dende unha perspectiva do lecer", senón tamén como documentación histórica.