CRTVG

Buscar

O Certame Nacional de Rubia Galega regresa a Adai

Publicado o 11/06/2021 20:20

Todo listo para que mañá se volva celebrar con certa normalidade unha das citas máis clásicas do rural galego. A poxa e o concurso de raza rubia de Adai, no concello do Corgo. Desta volta, e para celebrar o regreso, os gandeiros esmeráronse e trouxeron a auténtica elite da raza con exemplares de máis de 1.500 quilos de peso, como é o caso de Perico e de Navarro.

Os 26 animais que van a poxa e os 120 de concurso xa están no recinto feiral de Adai para seren exhibidos mañá. Os gandeiros apostan forte por este certame da volta á normalidade e traen o mellor de cada granxa. Exemplares como Rufo e Perico toman o relevo dos míticos Navarro e Campuzano. O prezo de saida dos animais é duns 1.950 euros e agárdase que vaia subindo pola alta calidade do gando. A feira é unha boa ocasión de negocio e recoñecemento para as explotacións."Son animais de comportamento noble. Traemos os exemplares mellor alimentados e coa mellor morfoloxía.",.explica  José Antonio Ferreiro. criador de Rubia Galega

Actualmente hai arredor de 1.500 explotacións de rubia galega que manexan 35.000 cabezas de gando. Mesmo hai granxas da raza en Castela León, Asturias ou Andalucía. Malia o seu tamaño e peso, son animais moi dóciles e fáciles de manexar e, polo tanto, moi aptos para os desfiles. A presentación é clave para que os xuices avalíen cales son as mellores e os compradores se animen a gastar."A do ano pasado foi unha edición adiada e reducida. Este ano temos xa moita máis xente e gando e todo vai ir mellor", comenta Laura Arias. secretaria de Acruga

Así pois, os amantes desta raza autóctona galega teñen mañá unha cita en Adai, onde xa están previstas todas as medidas de seguridade sanitaria.

Noticias web

11/06/2021