CRTVG

Buscar

O Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, á cabeza a nivel mundial na investigación de exoesqueletos

Publicado o 05/10/2020 15:53

No Porriño, o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia sitúase á cabeza a nivel mundial na investigación de exoesqueletos. Estes innovadores sistemas chegan para facerlles a vida máis doada aos traballadores e poden aplicarse en distintos sectores. 

Nalgúns casos incorpóranse ás pernas e axudan ao traballador a manter unha postura concreta durante a súa xornada laboral sen necesidade de esforzos, dan o soporte preciso para evitar ou reducir lesións aos traballadores.

Desde este laboratorio do Porriño, o Centro Tecnolóxico de Galicia traballa na validación e investigación dos exosqueletos para a súa integración na industria.

Xa se comezou a implantar na automoción, pero estes sistemas son válidos para outros sectores como o naval e o téxtil, entre outros. É a fábrica do futuro, unha fábrica coa última tecnoloxía, pero ao tempo máis humana cunha forma de realizar o traballo máis saudable.

O CTAG participará nos próximos días no quinto simposio internacional de Robótica Vestible.

Noticias web

05/10/2020