CRTVG

Buscar

O Centro Nacional de Furacáns vixía a borrasca que chega este luns a Galicia

Publicado o 12/09/2021 19:34

• O sistema de baixas presións podería converterse nun ciclón tropical

Rematamos unha fin de semana de bastante calor en toda Galicia e encaramos a semana coa vista posta nunha borrasca que vixían de preto desde o Centro Nacional de Furacáns. De feito, vai ser a causante da inestabilidade dos próximos días que vai chegar en forma de intensas treboadas.

No Centro Nacional de Furacáns estiman que hai un 20 % de posibilidades de que a borrasca se converta en ciclón tropical. Con todo, polo de agora, o que di a previsión é que esta vai ser unha noite tropical en Galicia e que o luns comezará con moito bochorno.

Pola tarde chegarán as tormentas con avisos por acumulación de auga en Pontevedra e nas provincias do interior.

Noticias web

12/09/2021