CRTVG

Buscar

O Centro Galego de Lisboa, recoñecido como entidade de interese histórico-cultural

Publicado o 22/10/2021 16:51


Levouse a pleno no verán e entrou en vigor agora. Deste xeito Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa é agora unha entidade de interese histórico, cultural e social para a capital portuguesa. Este Centro Galego leva sendo 113 anos o gran referente da diáspora do noso país en Lisboa, de feito nos anos 80 fora recoñecido polo Goberno luso como organismo de utilidade pública e é que en todos estes anos non só foi o lugar de referencia para os emigrantes galegos senón que tamén foi, e segue sendo, un instrumento de difusión da nosa cultura en Portugal.

Noticias web

22/10/2021