CRTVG

Buscar

O Centro Galego de Bos Aires volve dar clases de música presenciais

Publicado o 30/03/2021 19:55

Despois dun ano enteiro de silencio no seu interior, a sede do Centro Galicia de Bos Aires volve vibrar coa música dos seus alumnos, nunhas clases que pouco a pouco van recobrando a normalidade.

Dende comezos de marzo, todas as escolas da institución retomaron as clases presenciais, deixando atrás doce meses de virtualidade.

O Centro Galicia manterá os encontros virtuais para os que aínda non se animaron a volver á escola.

Unha modalide a distancia que non é perfecta, pero que na corentena deu bos resultados. En calquera caso, tanto profesores coma alumnos confían en que a pandemia non volva frustrar uns encontros cheos de alegría.



 

Noticias web

30/03/2021