CRTVG

Buscar

O Centro Dramático Galego estrea 'Terceiro acto' no Salón Teatro

Publicado o 15/04/2021 21:34

A de hoxe foi unha tarde de estrea no Salón Teatro compostelán. Sobre o escenario botou a andar unha nova obra a cargo do Centro Dramático Galego.

Esta nova produción que se puxo hoxe en escena leva por título 'Terceiro acto'. A obra é unha reflexión sobre a última etapa da vida e nela reivindícase ademais o papel das persoas maiores na sociedade actual.

Está dirixida por Andrea Jiménez e Noemí Rodríguez, que reúnen sobre o escenario un elenco de referentes do teatro galego. 'Terceiro acto' poderase ver neste Salón Teatro ata o vindeiro 16 de maio e hai programadas máis de 30 funcións.

Noticias web

15/04/2021