O Centro Dramático Galego estrea en Almagro "A Contenda do río Miño" co Teatro de Braga
Publicado o 04/07/2021 12:31
Esta fin de semana quixemos acompañar ao Centro Dramático Galego no Festival de Almagro. Alí estreou a Contenda dos labradores de Caldelas, o entremés famoso sobre a pesca do río Miño, a primeira peza teatral en lingua galega conservada.
A coprodución coa compañía de teatro de Braga tivo unha boa acollida en Almagro.