O centro de saúde da Estrada, de novo recoñecido como o mellor de España
Publicado o 17/12/2020 20:24

O centro de saúde da Estrada obtivo o premio Best in Class que o acredita como o mellor de España. É un galardón que promove unha revista médica e a cátedra de Innovación da Universidade Rei Xoán Carlos I.
O premio valora a atención sanitaria, a carteira de servizos, a investigaicón ou a xestión das consultas, entre outros parámetros. O centro de saúde da Estrada acaba de inaugurar novas instalacións. É a quinta vez en sete anos que obtén este recoñecemento.