CRTVG

Buscar

O centro en Madrid e Barcelona volveuse encher de xente en xornada de compras

Publicado o 13/12/2020 15:57

O centro de Madrid alumeado e repleto de xente pode dar unha imaxe de normalidade, que non é tal. As reunión sociais continúan limitadas na comunidade a un máximo de seis persoas, pero millerios de transeúntes coinciden nas principais arterias da capital...

Ambiente de Nadal tamén nas rúas de Sevilla e de Cádiz nesta primeira fin de semana en que os andaluces poden moverse entre os muncipios da mesma provincia.

"Houbo moito tempo aí, sen poder moverse, que o collemos con ganas" "A verdade é que está todo basante cheo, non me esperaba tanto"" Creo que non se controlan moito as distancia de seguridade, realmente" "Viñemos ver as luces", din varios paseantes.

E amais de ver as luces os andaluces aproveitan para adiantar algunhas compras agora que teñen os comercios abertos ata as nove da noite .
"Esperemos que o Nadal sexa máis activo e que a xente teña un pouco de ganas de moverse de maneira prudente".
"A xente vai facer como a excepción e moita xente vai facer a excepción e somos moitas persoas".
"Agárdanos un fúturo incerto, estamos todos á espera e imos día a día".

En Málaga vinte cámaras e máis de trinta axentes velan polo cumprimento das normas."Temos principalmente unha media de case oitenta a cen denuncias diarias por non levar a máscara tamén actuamos no incumprimento do toque de queda".

Longas ringleiras ás portas dos comercios en Barcelona, onde as tendas teñen permitida unha ocupación do 30 por cento. A garda urbana reforzou os controis tanto de tráfico coma de peóns para e evitar as aglomeracións vividas á fin de semana pasada.











 

Noticias web

13/12/2020