CRTVG

Buscar

O centrista Yair Lapid recibe o encargo de formar Goberno en Israel

Publicado o 05/05/2021 18:04
O centrista Yair Lapid recibe o encargo de formar Goberno en Israel
 

O líder centrista Yair Lapid recibiu hoxe a tarefa de crear Goberno en Israel de parte do presidente, Reuvén Rivlin, tras o fracaso do primeiro ministro en funcións, Benjamín Netanyahu, que onte devolveu o mandato ao non obter unha maioría. "Acabo de falar co membro de Knéset (Parlamento) Yair Lapid e comuniqueille que lle dou o mandato de formar Goberno", anunciou o presidente en conferencia de prensa, despois de consultar aos partidos durante esta xornada, nas que Lapid foi o candidato con máis recomendacións de deputados (56) do heteroxéneo bloque de formacións anti- Netanyahu.

Lapid, do partido Yesh Atid (Hai Futuro), segunda forza con 17 escanos, terá agora 28 días para tentar obter o apoio de 61 escanos, dos 120 do Parlamento, necesarios para formar un Executivo que saque a Israel do seu longo bloqueo político e evite unhas quintas eleccións en só dous anos e medio