O CEMMA solicita o peche da praia da Ornanda polos bañistas que se achegan a Manoliño
Os carteis na praia indican claramente a prohibición de achegarse ao arroaz. E estas son as imaxes que se repiten cada vez que Manoliño se achega á beira, normalmente coincidindo coa marea alta.
Un achegamento que pode parecer inofensivo, pero que pode ter consecuencias para os bañistas e, sobre todo, para o propio animal.
"Os golfiños son moi táctiles: cada contacto que nós facemos co animal é un día menos na súa vida", di Alfredo López, biólogo do CEMMA. "É un animal salvaxe, que pesa cerca de 300 quilos, con resposta agresiva, como xa tivo en ocasións".
Ante a situación desde o CEMMA solicitan o peche de Ornanda aos bañistas. Desde o Concello de Porto do Son apelan á concienciación dos usuarios para que isto non ocorra polos prexuízos que ocasionaría tanto aos turistas como aos hostaleiros da zona.
A petición é que se realmente valoran o arroaz, deben deixalo en paz.