CRTVG

Buscar

O Celta xoga o luns co Atlético e o venres co Elxe

Publicado o 05/02/2021 19:21

O Celta, que visita este luns o Atlético de Madrid, coñeceu hoxe que tamén xogará o venres da semana que vén, ante o Elxe. Dous partidos en cinco días e só tres días de descanso. Os célticos non o terán nada doado este luns. Enfrontaranse a un líder sólido, que leva 21 partidos consecutivos en Primeira sen perder como local. E tan só encaixou unha derrota en liga, nos seus últimos 35 encontros. Na primeira volta o Celta perdeu 0-2 en Balaídos.

Noticias web

05/02/2021