CRTVG

Buscar

O Celta volve ao traballo

Publicado o 29/12/2019 13:39

Os afeccionados aínda están en "modo nadal" pero en menos dunha hora o Celta regresa ao traballo. Roger volverá a ser o segundo e Óscar García, despois da súa ausencia por motivos persoais, volve a coller o tintimán do equipo desde o banco. Rafinha quere que 2020 sexa o seu ano.

Rafinha, R.C. Celta: "As cousas agora mesmo non van ben, pero imos mellorar".

Coa derrota no Ciudade de Valencia volveron as dúbidas... Lobotka está no escaparate e o Nápoles anda coa cana para ver se pesca en río revolto... mentres Sofianne Boufal podería recuncar en Vigo e repetir esta imaxe, como fixera Rafinha.

Rafinha, R.C. Celta: "O Barça quería que me quedase, pero eu quería ter continuidade".

O Celta, que non está para agasallos, regresa á competición a noite de reis, as nove, contra o Osasuna no que brilla a estrela emerxente do campionato: o arxentino Chimi Ávila.
 

Noticias web

29/12/2019