O Celta segue sen gañar fóra da casa
Máis do mesmo. O Celta regresa de Mendizorroza sendo un equipo pusilánime como visitante e con máis posesión que pegada en ataque. Córner, remate de Joselu e sobre a mesma liña de gol Rubén evita o tanto.
No minuto 12, gol de Santi Mina, primeiro anulado, logo semellaba que concedido, pero nunha das tomas do VAR aparece a viqueira da bota de Aspas para deshabilitar a posición de San Mina cando marca.
Aspas coa dereita remata a mellor contra céltica, non resolve coa perna dominante e acaba atrapallándose coa menos boa. Foi a mellor olívica no primeiro acto.
Erro de Mallo, Rioja vaise con comodidade e no lugar de centrar por abaixo centra por arriba e Joselu a un metro da portería manda o balón contra a trabe.
Oportunidade clara de Santi mina, logo do centro de Denis, arriba.
Joselu, de cabeza ao traveseiro, tras falta a Oaky e córner, que orixina o gol.
Lisandro Magallán gáñalle as costas a Okay, que perde de vista ao arxentino. Era visto que a estratexia sería unha das armas do glorioso, e así foi, un a cero.
Logo outra de Joselu, clara, fóra.
Aspas e Denis, sociedade moi limitada.
Pione, logo dun pase comprometido e quedar durmido Lobotka, aparece Aleix Vidal para que Lucas se dea unha alegría ante o Celta.
Cinco derrotas en seis partidos e un gol como visitante na novena xornada. A próxima fin de semana, a Real Sociedade.