CRTVG

Buscar

O Celta vai de máis a menos e perde co Athlétic (0-1)

Publicado o 28/08/2021 19:02

Comezou ben o Celta, con oportunidades, pero o gol de Iñaki Williams, aos 33 minutos, mudou o partido. No segundo tempo, puido recibir máis tantos

Na segunda metade, o VAR anulou outro gol de Iñaki Williams, por falta. O Celta foi decaendo co paso dos minutos e puido recibir máis tantos. 

A nova fichaxe, Thiago Galhardo, xogou os últimos dez minutos de partidos. Substituíu un Aidoo que estivo desafortunado na acción do gol do Athlétic.

O Celta só suma un punto nos tres primeiros partido de ligs. Neses tres encontros só foi capaz de marcar un gol, de penalti.

Noticias web

28/08/2021