CRTVG

Buscar

O Celta reafírmase na idea de Coudet tras lograr a primeira vitoria en Balaídos

Publicado o 28/09/2021 21:36

Primeira alegría en Balaídos, onde o Celta contaba os seus partidos por derrotas. Chegou na sétima xornada, con sufrimento e o protagonismo inesperado de Denis Suárez. O Celta gañou por fin a outro rival que xogou a pecharse. "Fomos o único equipo que propuxo, que foi polos tres puntos", manifestou Coudet. 

Coudet arriscou e gañou. Un minuto antes do gol Dituro fixo unha dobre parada e evitou que triunfase o Granada, que durante tantos minutos se desentendera da pelota.

Hugo Mallo: "San Matías sacouna, se non iríasenos o partido inxustamente"

As dúas ideas confrontáronse no campo e na sala de prensa.

Robert Moreno, adestrador do Granada: "Fixemos o que tiñamos previsto, pero por unha xogada desgraciada..."

Eduardo Coudet: "Que lle saíse ó Cádiz non quere dicir que lles vaia saír a todos. Se queren vir así, nós encantados"

O Celta tivo que madurar o partido e sobrepoñerse a un penalti estragado. Santi Mina provoca a pena máxima e a lesión colateral do porteiro, que, mesmo tocado, atalla o lanzamento dun especialista como Iago Aspas. O de Moaña librou un duelo persoal con Montoro. O nazarí buscou o contacto tras o fallo do penalti. No primeiro tempo o recado deixárao Aspas nunha pugna na banda. E tras o gol do Celta celebrouno nos fociños do rival.

"Foi un partido friccionado... e marcou Denis. foi un partido distinto"

Acabaron cos nocellos lesionados Araújo e Santi Mina. O vigués, incansable, volveu dar o último pase. Os dous quedan pendentes de evolución para Elxe.

Noticias web

28/09/2021