CRTVG

Buscar

O Celta, primeiro equipo en meterlle dous goles ao Atlético e segundo en puntuar no Metropolitano

Publicado o 09/02/2021 20:21

Ao Celta ségueselle a resistir a vitoria no 2021, pero o punto ante o líder ten moito mérito. O vigués é o primeiro equipo que lle marca dous goles ao Atlético de Madrid no seu campo esta temporada. Os celestes, que esta tarde volveron adestrarse para preparar o encontro do venres ante o Elxe, son o segundo equipo que puntúa este curso no Metropolitano, e rompe así a xeira de oito vitorias seguidas dos de Simeone na súa casa.

Noticias web

09/02/2021