CRTVG

Buscar

O Celta persegue a cuarta vitoria seguida en liga

Publicado o 19/12/2020 15:09


Catro vitorias consecutivas, tres delas na liga e a última, este xoves contra o Llanera na Copa. Ese é o balance espectacular do técnico arxentino, que só perdeu na estrea en Sevilla. O partido do Tartiere evidenciou, ademais, que segue a recuperar futbolistas para a causa. Ademais de Marcar Nolito por partido dobre, tamén participaron na goleada Lautaro e Emre Mor. Todo son motivos para o optimismo antes de recibir mañá o Alavés, coa oportunidade de encadear catro vitorias consecutivas na liga.

Noticias web

19/12/2020