CRTVG

Buscar

O Celta pecha o mercado coas incorporacións de Murillo, Baeza e Tapia

Publicado o 06/10/2020 15:57

• Non poderá fichar ata xaneiro, salvo que sexa un xogador que estea libre

Rematou o mercado de verán e en Vigo súan frío porque xa o avisara o presidente.

Sen preguntas, sen saídas e, polo tanto, sen entradas. Ata o derradeiro minuto estivo o Celta intentando colocar xogadores como David Costas e Jorge Sáenz, mesmo en Inglaterra, sen éxito agás da marcha de Álvaro Vadillo o Español. O misterio Vadillo: presuntamente do gusto do adestrador, pero que marcha sen debutar dous meses despois de chegar.

O técnico celeste pediu de maneira insistente un dianteiro, un centrocampista e un central. Sen éxito en todos os casos, e coa sensación de que o peche do mercado pode condicionar claramente os resultados.

Òscar Garcia chegou en novembro do pasado ano cunha mensaxe moi clara sobre os incumprimentos do club. Aviso a navegantes que hoxe, quince horas despois de pechar un mercado de fichaxes practicamente en branco, si exceptuamos a recuncada de Murillo, ou as chegadas de Tapia e Baeza. debe terse moi presente.

Na parte positiva do chasco polo peche de mercado, queda agora a oportunidade que se lles abre aos máis novos. Os canteiráns aos que se lles vai reclamar un maior protagonismo.

Noticias web

06/10/2020