O Celta pasou da ilusión á preocupación polo fútbol feito en Valladolid, co Barcelona e co Osasuna
• A nova positiva é a aposta por xogadores da canteira
Ten o fútbol ese selo ciclotímico que dende este gol de Aspas hai quince días nun brillante partido ante o Valencia a luz do celtismo converteuse en tebras, un horizonte escurecido pola mala imaxe en Pamplona, de equipo coas mesmas doenzas que a temporada pasada: pouco desborde e escasa pegada no ataque. Quinta xornada e o adestrador lanzou esta bomba: "estou seguro de que nos salvaremos"
Fala de permanencia cando a finais de agosto nunha entrevista na Galega comentaba o contrario.
Certo que para pensar en Europa este Celta está desequilibrado na planificación deportiva. Óscar pide fichaxes dende hai tempo.
O club recoñeceu que tiña que reforzar a dianteira e o centro do campo, pero sempre puxo o matiz dos cartos.
O club quere desprenderse de Costas e de Jorge Saenz, pero non o consegue. E repasemos o mercado: o acordo con Tapia e Vadillo é da campaña pasada. Vadillo aínda non debutou. Só chegou Baeza no verán.
Quedan poucas horas para que peche o mercado. E o obxectivo número un é un dianteiro.