CRTVG

Buscar

O Celta oficializa o reencontro de Thiago Galhardo con Coudet

Publicado o 25/08/2021 13:59

O brasileiro chega cedido do Internacional de Porto Alegre con opción de compra

O Celta oficializa o reencontro de Thiago Galhardo con Coudet

RC Celta

O brasileiro Thiago Galhardo, un dianteiro co que o adestrador arxentino Eduardo Coudet xa coincidira no Internacional de Porto Alegre, é a nova fichaxe do Celta.

Chega cedido precisamente polo Internacional ata fin de tempada nun acordo que inclúe opción de compra. Coudet xa conta co dianteiro que precisaba para rotar con Iago Aspas e Santi Mina.

Galhardo ten 32 anos e ocupa praza de extracomunitario. Agora o cadro vigués ten que resolver a situación de Cervi ou Tapia para ter o pasaporte comunitario antes da xanela de xaneiro, cando chegue o mexicano Oberlín Pineda. 

O dianteiro desenvolveu toda a súa carreira no fútbol brasileiro, agás unha breve experiencia no Xapón. En 2019 acadou 12 goles para o Ceará, o que lle permitiu asinar co potente Internacional. Ás ordes de Coudet fixo unha gran temporada en 2020 marcando 17 goles, a cifra máis alta da súa carreira profesional.

Noticias web

25/08/2021