CRTVG

Buscar

O Celta non puido viaxar a Valencia por mor do temporal

Publicado o 21/12/2019 20:40

O Celta tiña previsto viaxar a Valencia esta tarde nun voo chárter. Pero o avión non puido tomar terra en Galicia por culpa da borrasca Fabien. Nin en Peinador, nin tampouco en Lavacolla, onde se desprazaron os 21 convocados para o partido e agardaron durante a tarde. Finalmente volveron a Vigo. O Celta quere suspender o partido de mañá ás seis e media no Cidade de Valencia, polo axustado dos tempos. A Liga quere que viaxe mañá, tan pronto como o poida. Veremos que acontece. O que tamén está no aire é a presenza de Óscar García, que segue lidando con problemas persoais.

Noticias web

21/12/2019