O Celta fai oficial a fichaxe de Coudet

O Real Club Celta confirmou esta mañá a fichaxe de Eduardo Coudet. O que era unha noticia máis que confirmada fíxose oficial este xoves, cando o club a través das redes sociais facía oficial a súa contratación.
Nun chío publicado en Twitter o Celta dáballe a benvida ao novo adestrador, que substitúe a Òscar García e asume o reto de coller un equipo que nas dúas últimas temporadas non conseguiu os resultados esperados.
OFICIAL Eduardo Coudet, novo adestrador do RC Celta.
— RC Celta (@RCCelta) November 12, 2020
https://t.co/gZp6KQ75S4#BenvidoCoudet #RCCelta pic.twitter.com/CUJFOKk2Bc
Coudet desvinculouse, previo pago da súa cláusula de rescisión, do Internacional de Porto Alegre, co que marchaba líder na Serie A brasileira e estaba clasificado para oitavos de final da Copa Liberadores.
O futbolista, que xogou uns meses no conxunto celeste durante a temporada 2002-2003, substituirá no cargo a Òscar García Junyent e debutará como técnico no próximo partido ligueiro contra o Sevilla no Sánchez Pizjuán.
No seu comunicado de prensa, o Celta informou de que o seu novo adestrador chegará a Vigo "nos próximos días" e farao acompañado de catro axudantes.
Coudet é o sexto adestrador celeste que pasa polo banco do estadio de Balaídos tras a marcha do seu compatriota Eduardo Berizzo fai tres anos, despois de Juan Carlos Unzué, Antonio Mohamed, Miguel Cardoso, Fran Escribá e Òscar García.