CRTVG

Buscar

O Celta estrea fronte ao Elxe a súa conta de vitorias en 2021

Publicado o 13/02/2021 14:10

Santi Mina foi decisivo con dous tantos. Brais Méndez anotou o outro gol celeste. Iago Aspas viu o quinto cartón amarelo e faltará ao partido co Valencia.

R.C.Celta 3 - Elxe 1

O primeiro triunfo de 2021 chegou a tres toques logo do tirapuxa inicial co Elxe. Mina, Aspas e Nolito puxeron a proba constantemente a Edgar Badía.

Mentres, na área contraria o que replicaba era Raúl Guti.

Feitas as presentacións, Mina busca a Iago para que o de Moaña so teña que empurrala, pero a súa xenerosidade remata sen premio.

Alomenos, en principio, porque de novo a tres toques Nolito deixa so a Mina que engana a Badía e marca o primerio.

Era un botín marchar así ao descanso, pero no engadido Nolito atopa a Aspas, Aspas devólvella a Nolito e este encontra a Barais Méndez, que se converte no máximo goleador da era Coudet. Esta sucesión de triangulacións encadeadas ten unha explicación.

TOT. Eduardo Coudet, adestradaor do R.C. Celta.

Pero na segunda metade nunha contra, aparentemente inocente, chegaba o erro de Rubén e o gol posterior de Rigoni, quen contaba?

TOT. Eduardo Coudet, adestradaor do R.C. Celta.

Entrou Solari e con el chegou de novo un bo centro que Mina transformou no gol da tranquilidade...aínda que Iago insistiiu na súa lea con Verdú e chegou o quinto cartón amarelo que o afasta de Valencia. Anoxado?

TOT. Eduardo Coudet, adestradaor do R.C. Celta.

Coudet queda sen Iago e sen Brais para a próxima xornada.

Noticias web

13/02/2021