CRTVG

Buscar

O Celta entra na segunda fase sen positivos

Publicado o 17/05/2020 19:49

A Madroa pechou a primeira semana de adestramentos en fase un, para abrir este luns a fase dúas. Grupos máis amplos, menos bicicleta, menos traballo físico, menos pesas e un chisco máis de balón. Aínda que para os xogadores o mellor da semana foi volver a ver aos seus compañeiros.

"O pouco que podemos charlar e vernos entre os compañeiros é marabilloso", recoñeceu o porteiro Rubén.

Se cadra, adaptarse a segunda fase has ser máis doado que a primeira.

"Temos que adaptarnos aos protocolos da liga", sinalou Óscar García.

Entre as mellores novas que deixa esta nova realizade está a entrada dos canteirán omo exemplo para os máis novos.

"Os xogadores da canteira teñen que ir ano a ano e agardar pola súa oportunidade", dixo Fontán.

E nesta asegunda fase saberemos se despois de seis días afastado dos adestramentos e dunha sanción exemplar Pione Sisto é un futbolista recuperable para a causa.

Noticias web

17/05/2020