O Celta e Óscar García teñen unha cita crucial esta noite ante o Elxe
Publicado o 06/11/2020 12:35
O Celta vai disputar esta noite en Elxe un encontro crucial.
O equipo vigués non gaña desde o 19 de setembro e as olladas apuntan a Óscar García. O míster asume a presión, pero tamén defende o seu labor e a dos seus futbolistas. Esta mañá a expedición partía desde a Madroa. O Celta precisa un triunfo para chegar ao parón ligueiro sen que se precipiten os acontecementos.