O Celta é pechacancelas e o mes de decembro preséntase decisivo
O triunfo de onte do Valladolid no campo do Granada deixa o Celta como pechacancelas da Primeira División. Os celestes non se vían na derradeira posición desde hai 4 anos e medio. Era a segunda xornada da temporada 2016-2017 que acabou sendo extraordinaria. Só uns meses despois o Celta chegaba ás semifinais da Copa da UEFA.
Ao Celta agárdalle un calendario accesible contra rivais cos que ten a obriga de facer bos puntos: Granada, Athlétic, Cádiz, Alavés, Xetafe e Huesca. Coudet comeza no máis baixo e deberá recompoñer o equipo.
O Celta de Coudet afronta unha dobre esixencia: "Precisamos tempo e estamos urxidos de gañar tamén, é unha contradicción pero ó que nos toca e ímons adaptar".
Algo desa adaptación empezouse a albiscar no Sánchez Pizjuán. Durante algo máis dunha hora entrevimos as liñas mestras do novo Celta. Dous dianteiros, liñas adiantada, verticalidade e presión por todo o campo.
"Víronse cousas moi boas e pensade que levamos 4 ou 5 días de traballo nada máis".
Pero as carencias seguen aí, expostas nun inicio calamitoso e un final no que as forzas non responderon.
"Imos ir traballando para podermos soster no tempo de xogo máis minutos a parte física e esta maneira de xogar".
Esa forma de xogar e esa intensidade remiten a outro Eduardo, que explicaba deste xeito a clave do su Celta.
Precisamente foi con Berizzo no banco cando o Celta ocupou por última vez o fondo da táboa, como agora. Naquela temporada os vigueses chegaron a semifinais da Copa e da Liga Europa. Calquera asinaba.