CRTVG

Buscar

O troco defensivo; de recibir dous goles por partido a apañar dous goles en cinco partidos

Publicado o 01/01/2021 14:03

O Celta comeza este 2021 con esixencia. Mañá visita o Real Madrid. Pero malia a dificultade do reto, vai disposto a iniciar o ano tal e como o acabou, prolongando a xeira positiva que lle permitiu converterse no equipo que máis puntos sumou nas últimas seis xornadas: 16, tres máis que os de Zidane.
Será o momento de confirmar o bo estado de forma de Rubén. O porteiro celeste leva encaixados tan só dous goles nos últimos cinco partidos de liga. É unha das columnas sobre as que se asenta este novo Celta, que sorprendeu no treito final do ano subindo de golpe doce postos na clasificación.







 

Noticias web

01/01/2021