CRTVG

Buscar

O Celta de Mohamed afronta a proba máis esixente diante do Atlético de Madrid

Publicado o 01/09/2018 15:27

O Celta de Mohamed afronta a proba máis esixente do que vai de temporada. Chega a Balaídos, na terceira xornada de liga, o Atlético de Madrid. Quedou tan satisfeito Mohamed do rendemento do equipo en Levante que vai repetir 11 ante os colchoeiros. É o Atleti un rival acostumado a pescar en Balaídos. Esta foi a última vitoria do Celta en liga, un 2 a 0 no 2014, na primeira temporada de Berizzo. Con Mohamed a actitude non se negocia. 

Noticias web

01/09/2018