CRTVG

Buscar

O Celta de Coudet segue sumando vitorias

Publicado o 15/12/2020 20:47

Volvemos comezar unha crónica do Celta con Iago Aspas, arestora o xogador español máis desequilibrante do campionato. Goles, 7; pases de gol, 4. Influencia total no xogo do equipo. É a segunda vez esta temporada que a liga o nomea xogador máis valioso da xornada. A outra vez foi aló por setembro no recital ante o Valencia.

Aspas é estratosférico, pero tamén vai subindo o nivel do equipo. Debullemos o primeiro gol: Hugo Mallo apóiase en Santi Mina, toca cara Denis, Denis rápido con Aspas, Aspas abre, logo unha xenialidade con Nolito. A secuencia son 12 segundos. Ninguén do Cádiz toca unha pelota que pasa por cinco futbolitas.

"Estamos nunha dinámica ascendente e hai que seguir porque aínda non fixemos nada. Hai que seguir porque hai 20 días non eramos tan malos nin agora tan bos", sentencia o autor do gol.

Sigamos dando datos marabillosos. Hai seis galegos no equipo titular. E co gol de Brais xa son cinco futbolistas do país que marcaron esta temporada, cinco galegos con gol no Celta, algo que non acontecía dende hai uns 35 anos.

"É certo que o equipo deu un cambio radical e temos que seguir así, non podemos baixar os brazos, temos que seguir traballando porque se non podemos volver meternos en apuros", lembra Brais.

Coudet revolucionou o estilo e os números do equipo: 3 vitorias seguidas, 11 goles marcados en 4 partidos.

Noticias web

15/12/2020