CRTVG

Buscar

O Celta, con 65 millóns, ten o décimo límite salarial de Primeira

Publicado o 29/09/2021 21:15

A Liga fixo públicos os límites salariais dos seus 42 equipos. O Celta dispón de 65,5 millóns, 400.000 euros máis que ao final da temporada pasada e segue a ser o décimo equipo de primeira en límite salarial. O Lugo anda máis apurado. É o antepenúltimo na segunda división con 4.800.000 euros, medio millón menos que o ano pasado. A presentación deixou datos rechamantes.

O Barça só pode gastar 97 no equipo: "Como un club que presentou un orzamento de máis de 700 millóns de ingresos á súa xunta directiva só pode destinar 90? Isto é como consecuencia das perdas que tiveron en temporadas anteriores", explicou José Guerra, o responsable de control económico da liga.

Pero, segundo a liga esas perdas non explican a saída de Leo Messi: "Eu creo que había solucións para manter a Leo Messi. Non creo que só fsse un tema financeiro", apunta o asesor da liga.

Contrasta a situación do Barça coa do Madrid, que dispón de 739 millóns. 500 máis que o seguinte, o Sevilla. O club branco podería afrontar mesmo as fichaxes máis caras: "Estaban perfectamente preparados para Kylian Mbappé ou para calquera outro xogador, non tiñan problema", asegura Guerra.

Seica o diñeiro non dá a felicidade pero axudar, no fútbol, axuda.

Noticias web

29/09/2021