CRTVG

Buscar

O Celta comeza cos adestramentos individuais

Publicado o 11/05/2020 13:36

• Hugo Mallo, Bradaric, Juan Hernández, Néstor Araujo e Rafinha foron os primeiros en chegar á Madroa

Os futbolistas do Celta regresaron este luns aos adestramentos case dous meses despois da súa última sesión nas instalacións deportivas da Madroa, cun traballo individual e divididos en varios grupos para cumprir as medidas de seguridade establecidas polo protocolo de LaLiga. Hugo Mallo, Bradaric, Juan Hernández, Néstor Araújo e Rafinha foron os primeiros en chegar á cidade deportiva, onde se lle tomou a temperatura nada máis saír do coche.

Despois realizaron traballo físico no campo de herba sintética, antes de dividirse en dous grupos para completar o adestramento con carreira continua e exercicios co balón. O técnico Óscar García Junyent supervisou a sesión con máscara e luvas, do mesmo xeito que o resto de integrantes do corpo técnico.



 

Noticias web

11/05/2020