O Celta chega a un acordo co Benfica para fichar a Franco Cervi por catro millóns
Publicado o 24/06/2021 13:47
O Benfica tratou de cambiar as regras co partido en xogo, pero definitivamente o arxentino Franco Cervi xogará no Celta.
Acordo pechado en Lisboa. Catro millóns de euros máis catro en variables. Asinará por varias temporadas.
Cervi estará en Vigo en breve para asinar o contrato. Unha petición de Eduardo Coudet. Velocidade e desbordamento. Xogador de banda.