CRTVG

Buscar

O Celta busca o desquite da Copa ante o Vilarreal

Publicado o 07/01/2021 21:56

O Celta recibe mañá venres o Vilarreal nunha semana complicada para os celestes, en que perderon ante o Real Madrid e caeron de forma estrepitosa na Copa do Rei.

Nolito entra na convocatoria á espera de recibir a alta médica. Lesionouse no partido contra o Real Madrid e esta tarde aínda se adestrou de maneira individual. Coudet non conta nin con Iago Aspas que é baixa nin con Tapia por acumulacións de cartóns.

O Celta quere volver ao camiño das vitorias e esquecer a mala imaxe amosada en Eivisa. Para Coudet, o desquite será mañá ante o Vilarreal.

Noticias web

07/01/2021