O Celta busca a primeira vitoria ante o Valencia
Publicado o 24/08/2019 12:50
Dous dos xogadores que puideron sentirse molestos polas palabras de Escribá volven á convocatoria. Os canteiráns Hugo Mallo e Santi Mina apuran as súas opcións de entrar no once inicial despois de recibir o permiso do doutor Cota. Canto o futbolístico, fronte o Valencia haberá que estar máis atentos atrás.
Fran Escribá. Adestrador do R.C. Celta. "Podes ter o control do xogo con independencia do sistema. Pero eu estou aberto a trocar de sistema".
A intensidade defensiva non ten que ver cun posible troco de sistema. Ante o Valencia ou ante calquera outro equipo Escribá está disposto a modificar a súa folla de ruta orixinal.
Fran Escribá. Adestrador do R.C. Celta. "Temos que mellorar en defensa porque en ataque é difícil que non fagamos gol".