CRTVG

Buscar

O Celta B sería o líder na Segunda B se gaña os dous partidos adiados

Publicado o 15/02/2021 21:22

A segunda B enfila a recta final da súa primeira fase con moitas incógnitas e poucas certezas. Unha das cousas máis claras é que o Celta B é un equipo en progresión. Non é só o mellor galego na táboa senón que se gaña os dous partidos que ten adiados sería líder. Polo momento é terceiro logo de derrotar 3-0 ao Zamora.

Xusto por detrás aparece o Compostela, que recibíu en San Lázaro o Rácing no derbi da xornada. Empate nun partido en que xa se empezou a ver a man de Cristóbal Parralo no cadro departamental.

Tamén foi xusta a vitoria do Deportivo ante o cabeiro da clasificación. Riazor volveu festexar un gol do seu equipo máis de 500 minutos despois.

Entre o Celta B, terceiro, e o Pontevedra, sexto, hai só tres puntos. Despois de empatar co Guijuelo e fallar unha morea de oportunidades Luisito anunciara que en Salamanca ían xogar Rufo e dez máis. E a aposta funcionou. Dous goles marcou o dianteiro na vitoria por 3-1. Onde non houbo goles foi no Vao. O Coruxo recibiu un Unionistas que conseguiu exactamente o que viña a buscar.

Noticias web

15/02/2021