CRTVG

Buscar

O Celta B remonta e gáñalle ao Rácing de Santander (2-1)

Publicado o 19/09/2021 14:41

Mentres Lautaro de León, o goleador da última xornada, subía as escaleiras da tribuna principal de Barreiro apoiándose nunhas muletas, os seus compañeiros iniciaban o partido contra un dos galos da categoría cunha ocasión de Carbonell.

Pero o Rácing de Santander ten moitos recursos arriba, e nunha xogada embarullada marca Álvaro Bustos; era o minuto 9.

Tamén o Celta B ten recursos dabondo en ataque, malia a ausencia de Lautaro. Alfon, dunha cabezada contrapicada, marca un minuto despois, no 10. O centro foi do francés Carriq.

Funcionou tamén a asociación Alfon-Iker Losada, aínda que sen premio.

E tamén probou sorte Cédric, pero o seu disparo non encontra portería.

No segundo tempo a mellor ocasión antes do gol foi para Gabri Veiga, pero a parada de Lucas é moi boa.

E no saque deste córner, tras varios rexeitamentos, marca o seu segundo tanto nesta campaña Álex Martín; era o minuto 58.

Segundo triunfo da temporada para o filial celeste.

Noticias web

19/09/2021