CRTVG

Buscar

O Celta B paga os seus erros fronte a un bo Valladolid Promesas

Publicado o 03/04/2021 20:58

Entrou o Celta B na segunda fase cando o Valladolid Promesas xa tirara proveito dun erro na saída de Markel do que saca rédito o mellor xogador dos pucelanos, o capitán Salazar. Era o minuto seis.

E o segundo nace nas botas dun exxogador do filial celeste, Moha, que contemporiza arreo a fase de iniciación para que Sergio López encontre tras unha gran carreira o pase perfecto entre catro célticos. Define Uche con moita potencia e colocación.

A partir dese momento os de Onésimo foron mellores, pero non tiveron puntería e un novo castigo chregou tralo descanso. Gran roldo no centro do campo, contragolpe e no segundo pao aparece Fran Álvarez para empurrar a pelota.

O Celta B acabou con tres dianteiros arriba e un deles, Kevin Sony, marcou o único dos locais tras errar Veiga unha tesoira e controlar o camerunés para bater a Gaizka. A próxima semana visita a Cultural Leonesa.

Noticias web

03/04/2021