CRTVG

Buscar

O Celta B e o Deportivo Fabril afrontan o derbi con máis urxencias da Segunda B

Publicado o 19/01/2019 21:11

O derbi pode ser o mellor xeito para curar unha depresión, a que viven os dous filiais galegos. O Fabril, último, buscará en Barreiro a primeira vitoria da temporada a domicilio. O Celta B, en posto de playout, só gañou un dos últimos quince partidos.

 "Non é o mellor momento para ningún dos dous equipos. Levamos unha serie bastante negativa pero bueno, ao final é un partido máis. Temos que tomalo así. Son tres puntos que os necesitamos como se fose outro equipo, danos igual que sexa un derbi", sinalou Raúl González, xogador do Fabril Deportivo. O adestrador do Celta B, Rubén Albés considera que  "a cabeza é moito máis importante que o ten que ver co táctico. Independentemente do tipo de partido que sexa, esta semana será o mesmo. Nós estamos tentando recuperar toda a autoestima que temos".

Os precedentes nos dous últimos anos son favorables ao Celta B, dúas vitorias e un empate. Os fabrilistas non levan un derbi desde hai 22 anos.One, defensor central do Fabrill, sinala que "ao final estos derbis están para xogalos e para gañalos e lever os tres puntiños. O que os leve máis contento estará".  Para Rubén Albés "temos que facernos moi fortes en Barreiro, coa nosa xente. Penso que a afección se vai sentir moi conectada co que van facer os xogadores mañá"

A TVG dúas será testemuña deste incerto derbi de necesidade extrema.

 

Noticias web

19/01/2019