CRTVG

Buscar

O Celta B - Cultural, partido estrea da xornada na segunda B

Publicado o 17/04/2021 14:07

Trala brillante vitoria ante a Leonesa da pasada xornada, o Celta B recibe ó intratable líder Burgos, que, de vencer, podería asegurar matemáticamente a súa presenza na fase de ascenso. Os vigueses volven a Balaídos onde poderán contar co apoio de 1.000 afeccionados.

Partido de altura tamén o que se vai vivir en Riazor cos dous primeiros clasificados do grupo intermedio o Deportivo e o Numancia separados por un punto.

Malia derrota da última semana en Langreo, Rubén de la Barrera amósase optimista polas sensacións que lle transmite o equipo.

Rubén de la Barrera. Adestrador do R.C. Deportivo. "Vexo ó equipo preparado con todo o que hai en xogo, con toda a responsabilidade que conleva este choque".

Chave se presenta para o Compostela e para Yago Iglesias o seu enfrontamento co Langreo de cara a seguir manténdose vivos na competición.

Yago Iglesias. Adestrador da S.D. Compostela. "De conseguir os tres puntos esta fin de semana eu creo que nos reengancharíamos e serían tres xornadas finais con enfrontamentos directos, con todo moi apretado e bonito. De non facelo, sería moi díficil alcanar os dous primeiros postos".

O Pontevedra, pola súa parte, defende o liderato ante o Lealtad coa baixa de Charles que podería ser substiuido por Martín Diz. Os asturianos son o equipo menos goleado do grupo.

Martín Diz. Pontevedra CF. "Creo que a chave vai estar na portería a cero e aproveitar as oportunidades que teñamos".

E logo, todos a rezar e a tocar madeira.

Noticias web

17/04/2021