O Celta B consegue a súa primeira vitoria goleando en Irún
Primeira vitoria do Celta B esta temporada. Venceu 1-4 en Irún. Álex Martín adiantaba ao filial celeste á saída dun córner. Unha das fichaxes deste verán facía o primeiro gol da temporada do equipo de Onésimo. E non tardaba demasiado en chegar o segundo. 5 minutos despois esta boa conexión, Gabri Veiga deixaba o dianteiro só diante do porteiro do Real Unión. Veiga definía con solvencia. E o equipo local non tardou en reaccionar. E fíxoo a balón parado. Nun córner Iván Pérez marcaba o 1 a 2 co que se chegaba ao descanso.
O Celta B fixo un partido moi completo no campo do Gal, froito do seu dominio chegou o terceiro nunha xogada longuísima na que os xogadores de Onésimo rematan ata en catro ocasións antes de que Lautaro conseguise bater a portería de Irazusta. E aínda habería un cuarto gol. No minuto 93 e gañando, o filial presiona a saída do balón do Real Unión, provoca un mal pase que Lautaro converte no 1 a 4 definitivo. Gran vitoria dos xogadores de Onésimo.