CRTVG

Buscar

O Celta B celebra a clasificación para a eliminatoria de ascenso a Segunda División

Publicado o 03/05/2021 19:51

Unha das imaxes da fin de semana lévanos a Balaídos. O filial do Celta confirma a excelente saúde da canteira celeste e apunta ao ascenso ao fútbol profesional. Os xogadores e técnicos celestes festexaron antes as 2.500 persoas que se achegaron a Balaídos a clasificación para os 'play-oyff'  que se vai celebrar en Estremadura.