O Celta atopa alternativas a Aspas
Publicado o 14/02/2021 11:35
Paso adiante de Nolito, Brais ou Mina na semana en que o de Moaña non estará no partido de Valencia por sanción.
Era o obxectivo inical: non depender de Aspas para poder permanecer sen pasar demasiados apuros. Brais, Nolito e Mina responderon ao chamamento do Chacho. O Celta visitará o Valencia sen Aspas, pero Coudet non está contrariado co quinto cartón do de Moaña.
Nolito, coma Iago, está en modo pasador e tamén ten claro o obxectivo desta camapaña. Os xogadores tiñan boas sensacións, pero ante o Elxe necesitaban algo máis que sumar.
Sen Brais e Aspas, con Nolito como asistente e con Mina en modo goleador, o dianteiro vigués revalidouse esta semana con tres goles antes de volver á que fora a súa casa.