O Celta asalta o Camp Nou cun dobrete de Santi Mina
O Celta quédaselle corta a Liga tal e como se desprende do seu triunfo no Camp Nou ante un Barcelona que aínda mantiña lixeiras esperanzas de lograr o título de Liga.
Os vigueses sumaron en Barcelona a quinta vitoria consecutiva, a mellor xeira de toda a temporada.
Os celestes resistiron o acoso inicial do Barcelona liderado por un Messi que aproveitaba un centro de Busquets para facer o un a cero no minuto 27.
Trixésimo gol do arxentino na Liga e trixésimo sétimo en partidos oficiais, que lle serven para superar a trintena por decimoterceira temporada consecutiva.
O Celta marcou no seu primeiro achegamento. Aspas conecta con Santi Mina e o dianteiro mantén a súa boa relación co gol marcando o cuarto nos últimos tres partidos.
Na segunda metade, o Barcelona volveu contar con claras oportunidades de gol, pero o Celta conseguiu resistir, agardando a súa oportunidade.
Denis puido marcar o un a dous no minuto 71, pero Ter Steggen esbaratou o seu disparo.
Foi pouco antes de que Lenglet vise o seu segundo cartón amarelo.
Solari tamén dispuxo dunha boa ocasion rexeitada de novo por Ter Steggen.
E cando o encontro chegaba á súa fin, Santi Mina recolle un rexeite do poste tras un envío de Solari para facer o un a dous.
Duodécimo gol na Liga do dianteiro que sevía para darlle ó Celta a súa terceira vitoria da historia no Camp Nou.