CRTVG

Buscar

O Celta empeza o ano recibindo o Osasuna en Balaídos

Publicado o 05/01/2020 12:49

O Celta comezou gañando en Valencia e acabou goleado. Esta noite Óscar volverá a dirixir aos seus xogadores desde o banquiño de Balaídos, coa perspectiva que da ter visto ao equipo desde fóra.

"Vendo o equipo desde fóra súfrese moito máis e ves o que pode estar pasando", sinalou Óscar García.

E o que pode estar pasando é que hai xogadores coa cabeza noutro lugar e moitos futbolistas dun mesmo perfil.

"Estamos buscando xogadores doutro perfil", explicou o adestrador do Celta.

Osasuna é un acabado de ascender que leva ao Celta nove puntos de vantaxe e ten ao Chimi Ávila como referente.

"Non sei por que o Celta está abaixo, pero ten xogadores boísimos", dixo Arrasate.

As nove desta noite de reis, primeira cita do ano en Balaídos para saír do descenso.

Noticias web

05/01/2020