CRTVG

Buscar

O Celta abre mañá a quinta xornada de liga coa única dúbida de Cervi

Publicado o 16/09/2021 15:35

Mañá o Celta abre a 5ª xornada de liga coa obriga de conquistar a primeira vitoria da temporada. Para o encontro ante o Cádiz, a gran dúbida é Franco Cervi. 

O arxentino, afectado dunha talalxia, vai mellorando e xa desde onte adestrouse co grupo. Coudet sabe da importancia que ten este partido, e o certo é que o Cádiz tráelle boas lembranzas.

Era o cuarto partido con Coudet no banco e o Celta asinara a maior goleada da temporada. 4 a 0 en Balaídos, con goles de Nolito, Aspas, Fran Beltrán e Brais Méndez. Seguro que o celtismo asinaría repetir mañá este encontro do pasado mes de decembro. 

 

Noticias web

16/09/2021