O Celta, a corrixir o rumbo tamén na casa
Publicado o 23/09/2021 20:59
Cun ánimo moi distinto ao de hai unha semana o Celta segue preparando o encontro do vindeiro luns contra o Granada en Balaídos. Tres partidos e tres derrotas levan os vigueses na casa, así que xa toca ofrecerlle á súa afección unha vitoria como a recollida fóra ante o Levante. Os xogadores retomaron os adestramentos esta tarde en Afouteza. Iago Aspas colle o temón e o liderado do equipo no momento en que máis o necesitaban tanto un coma o outro.