O Cebreiro agarda por unha fin de semana con neve
Cando neva, O Cebreiro parece unha postal de Nadal, e os peregrinos son coma pastores pola neve. A neve. Ese ben tan preciado para os veciños.
"É unha fonte de ingresos moi importante durante todo o inverno, estamos esperando que caia unha boa nevada para que poida subir a xente".
Raúl traballa nesta hospedaría, xusto en fronte do santuario en que Montse atende os peregrinos.
"Pois a neve é tradición, agradécese, sobre todo os peregrinos que veñen nunha etapa dura, gústalles a neve".
"Enganáronnos, ha, ha, ha, pero moi ben".
"Sumamos 135 anos entre os dous, é un desafío".
"Con neve nunca fixeramos bici, complicado? ben...nas subidas...".
Outros peregrinos fan o camiño a pé.
"Non tes frío coas pernas ao aire? Non, no meu país vai máis frío".
Hoxe nin se pecharon vías nin escolas. Nunha beira da estrada a máquina quitaneves agarda que haxa máis acumulación tras un inverno moi folgado.
"Moi pouca neve, é raro este mes... pero pouca neve hai".
As previsisón din que ata o domingo nevará todos os días, un agasallo para esta aldea que espera os turistas e peregrinos dun branco inmaculado.